Praza das letras

Que é praza das letras?

Fragmento da contraportada de Praza das Letras 2Praza das Letras é un proxecto pensado para conter e dinamizar o coñecemento do noso discurso literario, crítico e documental e como fornecedor dun espazo que integre isto coa industria editorial que lle dá soporte.

Botou a andar coa participación e co apoio expreso dos distintos colectivos implicados, desde escritores a traballadores da edición, nun momento favorábel e coincidente coas xuntanzas arredor da Mesa do Libro e co impulso que supuxeron a Lei do libro, o Plan de lectura ou o traballo para o Plan de bibliotecas.

A web Praza das Letras busca xuntar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura. Quere ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a industria editorial de noso
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |