Teatro, Sotelo Blanco Edicións, 1987
ISBN:
Significativa publicación que veu complementar as dúas obras anteriores. Naquela altura foi un documento fundamental para dar testemuño da existencia de autores, pezas e compañías sumidas no esquecemento así como para contribuír á dignificación da realidade teatral. Na actualidade, é unha obra básica para coñecer a actividade teatral a partir da década dos sesenta.