Códice Calixtino
O Códice Calixtino é unha das xoias da cultura galega. Conservado na Catedral de Santiago de Compostela, os seus contidos, atribuídos ao papa Calixto II, foron recopilados desde 1160. Nel se conservan textos litúrxicos, narración de miragres, descripcións dos camiños a Santiago e apoloxéticas do rei Carlomagano. Fundamental para a historia medieval de Galiza, esta edición é a primeira no que se presenta o Códice Calixtino traducido integramente á lingua galega por Xosé López Díaz.
É a obra histórica de referencia para entender o desenvolvemento e as orixes da cultura xacobea e aparece agora por primeira vez en galego a transcrición completa desta obra do século XII, que tamén conta con ilustracións do artista Francisco Leiro. 

O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel o papa Calixto II, gran benfeitor do santuario de Compostela, como autor e promotor. Está dividido en cinco libros e una serie de apéndices de extensión e contidos moi diferentes sempre dedicados á exaltación do universo xacobeo.
Imprimir