Libros



Outros libros

Autores relacionados:


Amancio Amigo e o demo da botella

Patricia Castelao, ilustradora
5/5 (1 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 0

ISBN: 978-84-9782-890-1

A protagonista desta novela, Sabela, é unha nena do Courel, que é a vez irmá da moza e amiga da irmá do meigo Amancio Amigo.Un día, por accidente, libera un demiño que o meigo ten pechado nunha botella. Para compensalo, ela e a súa amiga Loreto chocan un ovo caído do ceo, do que sae un novo demiño, ao que lle poñen por nome Anduriño. Pero Anduriño escapa tamén e, mentres todo iso sucede, no ceo comezan a concentrarse as nubes e as treboadas e unha grande ameaza pende sobre a aldea. Uns ollos de sangue vixían entre os nuboeiros. Amancio é tomado por unha invencible somnolencia e uns estraños personaxes visitan ao pai de Sabela, o filósofo Kalouro e o seu axudante Franco Opaco, que investigan se, no inexplicable roubo cometido na súa casa, o ladrón entrou pola ventá ou viceversa...


Amancio Amigo e o demo da botella é a segunda entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será, capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da miña mellor literatura fantástica non falta nin o amor, nin lealdade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. O primeiro título desta serie, dirixida a lectores de once anos en diante, Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca, obtivo un gran éxito de público

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Comentarios (2)

#1 12/Decembro/2008 | Anónimo dixo:

encantoume o libro de Amancio Amigo.Por agora solo lin o de Amancio Amigo e o demo da botella e Amancio Amigo e o meigo de Salamanca. Encantaronme estes dous libros. De feito, recomendaronnolos no colexio público.
Espero que teñades moitos lectores que aconsellen ese libro. De feito eu son unha.

#2 12/Decembro/2008 | Anastasia dixo:

Hola queridos lectores de Amancio Amigo. Eu querovos perguntar unha cousa:Gustoubos o libro de Amancio Amigo e o demo da botella???
Amin q se diga e q me encantou un mogollon chaval@s. Espero q vos tamén sexades fans de Amancio tanto coma o so eu, porq eu lin cantidade de libros e se vos digo a verdade e que o q mais me gustou foi este. Si si. O q acabades de leer e certo. O q vos queria decir e que nunca vos perdades as aventuras de Amancio q cada libo e unha aventura e cada aventura cada vez e máis divertida.


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |