
Teatro, Sotelo Blanco Edicións, 2008
ISBN: 978-84-7824-551-2
O pan xa non se amasa na artesa, senón en factorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado na eira, senón de fariñas industriais. Estes cambios supoñen a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada. A desparición do labor da malla simboliza eses cambios e inspira as catro historias que conforman Pan.
Do mesmo xeito que as mallas xuntaban a toda a aldea, Pan é o resultado dun longo e complexo proceso de creación colectiva no que se implicou todo o equipo de Volta e Dálle Teatro.
Catro autores con diferentes concepcións teatrais realizan as súas particulares interpretacións de cada paso que percorría o pan dende a leira á mesa.
Sotelo Blanco Edicións publica, coa colaboración da Fundación Manuel María da Terra Cha, Pan. Catro propostas arredor da malla, texto teatral de Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e X.H. Rivadulla Corcón con creación e adaptación musical de Mini e Mero (o libro contén o cd da banda sonora do espectáculo).
[fonte: presentación editorial]