Libros



Outros libros

Autores relacionados:


A pesca tradicional nos ríos de Galiza

Lois Ladra, escritor
0/5 (0 votos)

Ensaio, Sotelo Blanco Edicións, 2008

ISBN: 978-84-7824-552-9

A pesca tradicional nos ríos de Galicia. A enorme riqueza e diversidade do noso patrimonio marítimo e fluvial comeza a ser estudada de xeito sistemático e transdisciplinar pouco a pouco. Este traballo céntrase no estudo da pesca tradicional nos ríos galegos, desde o Miño até o Navia, pasando polo Ulla, Tambre, Ladra e Sil. Caneiros, pescos e pesqueiras conforman diversos tipos de arquitecturas vernáculas funcionalmente especializadas nas capturas de peixes migratorios que constituíron unha fonte alternativa de alimentos e excedentes nas economías campesiñas precapitalistas do noso medio rural.

Ao longo de varios capítulos abórdanse diversas cuestións vinculadas á cultura pesqueira de tres comunidades ribeiregas: Portomarín, Herbón e Arbo. Logo de máis dunha ducia de anos de traballo de campo ofrécense os resultados preliminares dun amplo proxecto de investigación centrado no patrimonio da auga común a galegos e portugueses.

Sotelo Blanco Edicións publica, na súa colección Estudos e Investigacións, A pesca tradicional nos ríos de Galicza, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2008.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |