Ilustración, Kalandraka, 2008
ISBN: 978-84-8464-671-6
Os indios Cree auguraban un tempo en que homes e mulleres de todas as razas e pobos se unirían “como guerreiros do arco da vella para loitar contra a destrución da Terra”; o barco actual mantén ese espírito comprometido e tenaz contra a caza indiscriminada de baleas e focas, a contaminación provocada polos residuos tóxicos e radioactivos, as explotacións petrolíferas e de gas, o uso de redes mortíferas para especies mariñas indefensas, e outras causas ambientais.
A historia do Rainbow Warrior, álbum para o público infantil escrito e ilustrado por Rocío Martínez, conta as orixes do mítico buque que comezou en 1978 a sucar as augas de todo o mundo para denunciar as agresións ao medio natural. O seu labor, truncado sete anos despois a causa dunha sabotaxe na que perdeu a vida o fotógrafo Fernando Pereira, contribuíu a que moitos países adoptaran medidas para protexer o planeta.
[fonte: presentación editorial]