
Narrativa, Faktoría K, 2008
ISBN: 978-84-96957-37-4
De todas as obras de Nabokov (San Petersburgo, 1899-Suiza, 1977), Lolita é a máis completa, fascinante e controvertida, polo seu carácter pseudo-erótico e o retrato autocompracente que presenta da sociedade norteamericana. Foi prohibida en Francia e Gran Bretaña, pero en Estados Unidos, onde se publicou en 1958, acadou un gran éxito, acrecentado pola versión cinematográfica do director Stanley Kubrick, con guión do propio autor.
Ante a riqueza lingüística do relato, con abundancia de xogos verbais, semánticos e fonéticos, Xesús Fraga apostou non por facer unha reescritura da novela, senón por achegala ao galego respectando a visión lúdica que o autor tiña da linguaxe, xunto coa expresión da personalidade do narrador e da protagonista. As súas innumerables referencias, dende a Grecia antiga aos anuncios das estradas na América dos anos 40, invitan a unha lectura intelectualmente rica e argumentalmente apaixoante.
[presentación editorial]