Libros


Galicia, xeografía , historia e cultura

Celia Ameneiro Bravo, coordinadora
0/5 (0 votos)

Ensaio, Ir Indo Edicións, 2008

ISBN:

Comunidade histórica recoñecida en 1978, Galicia converteuse en comunidade autónoma coa aprobación do seu Estatuto de Autonomía en 1981, co seu Parlamento, o seu goberno, a Xunta de Galicia co seu presidente á fronte, o seu Tribunal Superior de Xustiza.
Pero Galicia é máis ca iso. É un territorio coas súas costas e o seu interior, coas súas chairas e os seus cumios, coas Rías Altas e as Baixas, cos seus cantís no Cantábrico e os areais no Atlántico, cos seus ríos e os seus regatos, cos seus días de choivas e néboa, pero tamén cos días soleados.
As contraposicións existentes neste territorio tamén se manifestan no seu poboamento: o litoral fronte ao interior, o occidente fronte ao oriente, o rural fronte ao urbano; e tamén na súa economía: a diversificación do litoral occidental fronte ao dominio agropecuario do interior.
Ao longo dos séculos a poboación galega foi forxando a súa historia e a súa cultura, dende os primeiros restos humanos atopados nas Gándaras de Budiño ata os homes do século XXI, dende a Gallaecia romana ao Reino Suevo, dende a era compostelá ata os irmandiños, dende a guerra contra o francés ata os primeiros pronunciamentos liberais, dende o nacionalismo do s XIX ata a autonomía do s XX.


[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |