Libros


Galego, aproximación a súa historia, sistema lingüístico, ...

Jesús Domínguez Dono, coordinador
0/5 (0 votos)

Ensaio, Ir Indo Edicións, 2008

ISBN:

Preséntase esta obra, Galego, aproximación a súa historia, sistema lingüístico, dialectoloxía e usos, como unha visión de conxunto do que foi e do que é o galego como lingua, ofrecendo a posibilidade de achegarse a diversos aspectos que raramente se atopan xuntos nunha mesma publicación, facilitando, deste xeito, o acceso ao seu coñecemento.

Baséase este libro nas colaboracións que investigadores e docentes do ámbito lingüístico do galego foron achegando para a realización da Enciclopedia Galega Universal, e da que se tomaron os materiais aquí publicados, xunto con outros que no seu momento non tiveron cabida nesa obra, á vez que se actualizaron nalgúns aspectos concretos e se estruturaron dun xeito máis accesible para o lector; e todo isto apoiado con cadros, mapas e gráficos que facilitan e aclaran o explicado.
O libro está estruturado en catro partes que achegan os datos máis salientables de cada unha delas, sen pretender esgotar o seu estudo, senón dar unha visión xeral das mesmas. Así, na primeira parte abórdase o tema da “Historia Externa” do galego; na segunda, referida ao “Sistema Lingüístico”, faise un percorrido polos fenómenos máis característicos do galego no referente á súa fonética, morfoloxía e sintaxe. A terceira parte, “Dialectoloxía e Estándar”, céntrase na descrición xeral da configuración dialectal do galego, tanto dentro das fronteiras administrativas de Galicia como fóra delas, no chamado “galego estremeiro” (Asturias e Castela e León), e no reduto lingüístico de Cáceres. A última parte da obra, “Situación Sociolingüística”, ofrece un panorama xeral da situación actual da lingua, as actitudes sociais cara a ela e o seu emprego nos distintos ámbitos da nosa sociedade.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |