
Narrativa, Rinoceronte Editora, 0
ISBN: 978-84-936413-3-7
Non é Xerusalén, é Nápoles, e un barrio seu de nome solemne e abusivo, Montedidio, Monte de Deus, onde ferve a vida dun denso xentío e onde nin sequera os mortos están quietos.
Aos trece anos un rapaz iníciase no traballo, no italiano e no amor. Adéstrase en segredo para facer voar un máxico anaco de madeira. A un novo amigo seu, un vello zapateiro xudeu chegado do norte de Europa, cúmpreselle finalmente unha profecía, baixo a forma dun bater de ás.
O protagonista é un lugar, Montedidio, unha elevación habitada dende hai milenios, con estratos de ósos e cinzas volcánicas. Dende o alto dunha das súas terrazas a media noite de fin de ano estoupa coma un cráter, liberando voos, abrindo precipicios.
Montedidio recibiu en 2002 o premio Femina Étranger, e é o primeiro libro de Erri De Luca vertido ao galego.
[fonte: presentación editorial]