
Narrativa, OQO Editora, 2008
ISBN: 978-84-96788-79-4
Acababa de chover e o sol escondíase tras unha nube gris. “Bonito día para navegar”, concluíu Caracol. Decidido, zarpa nunha folla grande por un regato. Pecha os ollos e soña que navega por un río grande ata que o seu particular barco encalla. A aventura permitiralle coñecer cinco novas razóns, verdes e cantaruxeiras, para acabar a andaina dun modo máis feliz.
Esta nova colección da editora, NANOQOS, ofrece a posibilidade de familiarizarse coa letra impresa, antes de iniciar formalmente o proceso de lecto-escritura, combinando pracer e entretemento.
[fonte: presentación editorial]