Manuel Rivas é un exemplo de como o recoñecemento do campo literario castelán, permitiu que un autor galego entrase “normalmente” no circuíto de difusión internacional. A tradución efectúase no ámbito da gran produción e no da produción restrinxida. No primeiro caso, as traducións van dirixidas ao gran público en xeral. Son as traducións do galego ao inglés, ou ao francés, das novelas de Manuel Rivas, promovidas polo éxito editorial, e publicadas en tiraxes importantes por Harvill e Gallimard, respectivamente.
[texto: Ana Luna]