Chus Pato conta cunha obra poética coñecida en castelán: Heloísa (Espiral Maior, 1994), obra traducida por Ediciones La Palma (1998) e Un Ganges de palabras (2003), antoloxía bilingüe (galego-castelán) de Iris Cochón, publicada pola Diputación Provincial de Málaga. Se temos en conta que o feito en si é xa unha fazaña, ao falarmos de poesía traducida, no caso de Chus Pato hai que fecilitarse dobremente ao poder dispor de dous dos seus poemarios traducidos pola poeta Erin Moure ao inglés dun e doutro lado do Atlántico: m-Talá (Nomados, Vancuver, 2003) e Charenton.
[texto: Ana Luna]