Libros



Outros libros


Manual para coeducar na escola infantil

0/5 (0 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-884-0

NOVIDADES XERAIS

A verdadeira realización do principio de igualdade comeza pola educación. Xa desde o mesmo momento no que os pais e as nais coñecen o sexo da súa futura crianza ábrense expectativas vitais moi diferenciadas por diante. A cor da roupa é só unha anécdota se o comparamos coas posibilidades de realización persoais que semellan máis acaídas para unha nena e para un neno. Xoguetes, cancións, contos, deportes...., todo un universo diferenciado en función do xénero que o corpo biolóxico aprenderá día a día. Enfrontármonos desde as primeiras aulas a esta realidade é a grande oportunidade para contribuír á súa modificación. Levamos anos desexando coeducar na escola mixta, e agora que pulamos por construír unha rede galega de escola infantís, as galescolas, agardamos que este sexa un dos seus piares fundamentais.

O material que nos presenta a autora é unha base importante para o traballo diario dos e das profesionais, unha axuda fundamental para achegarnos á cerna mesma da igualdade, nomeadamente, a configuración social de estereotipos sexistas que marcan a vida das persoas. O ensino galego leva dado pasos firmes neste sentido, mais aínda ten por diante culminar este reto.

Soñar coas crianzas outra redistribución de papeis sociais de homes e mulleres é o xogo que marcará as regras do futuro.

[Presentación de Carme Adán, secretaria xeral da Igualdade]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |