Libros

A conta atrás

Outros libros

Autores relacionados:

Novas relacionadas:


A conta atrás

Carlos Portela Orjales, escritor
Sergi San Julián, ilustrador
5/5 (2 votos)

Outros, Faktoría K, 2008

ISBN: 978-84-96957-16-9

Transcorreu un ano desde a marea negra. Otero, conselleiro do goberno autonómico, presenta aos medios de comunicación unha campaña propagandística que anuncia a limpeza total das praias e a recuperación do sector pesqueiro. A campaña é, en realidade, un exercicio de manipulación informativa no que interveñen políticos e xornalistas. Con Otero, coñecemos o resto dos personaxes desta historia: unha ambiciosa presentadora de televisión, un pescador en paro, un mariñeiro que fixo negocio da desfeita ecolóxica, un redactor desencantado e un activista a favor do voluntariado.

A conta atrás é unha viaxe no tempo. Arrinca un ano logo dunha marea negra e vai repasando en sentido inverso, indo cara atrás, a historia do desastre ata chegar a como era a vida dos protagonistas antes do naufraxio... Unha viaxe que afonda nos porqués das cousas.

Unha novela gráfica para adultos, inspirada no desastre ecolóxico que máis ríos de tinta fixo correr nos últimos anos. Vén apadriñada co prólogo do escritor Manuel Rivas e inclúe unha entrevista ao guionista e ao ilustrador realizada por Álvaro Pons, crítico especializado en cómic.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |