
Narrativa, Sotelo Blanco Edicións, 2005
ISBN: 84-7824-479-4
Homes a bordo para unha lingua viva que sabe a sal, a humor, a suor, a soidade e a morriña da terra. A vida dos mariñeiros galegos no Gran Sol contada con todas as súas miserias e as súas heroicidades. Cos soños a se bater na proa contra as grandes ondas e contra o cotío que consome ese microcosmos pechado que é a tripulación.