Libros

A estrela dos polisóns

Outros libros

Autores relacionados:

Lecturas temáticas:


A estrela dos polisóns

Luís Rei Núñez, escritor
2,25/5 (4 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2003

ISBN: 978-84-9782-039-4

Un náufrago adolescente chega exhausto á illa Bocana onde coñece ao seu único habitante, Recaredo Rey, o fareiro amante das estrelas e da melancolía. Con el inicia a longa singradura da amizade sorteando os perigos do mar e dos homes que trafican con homes nun cargueiro que viaxa cara a Guinea. Unha obra de alto mar que deixa un ronsel de amargura pola inocencia que esvaece na escuma. Non en van, Rei Núñez escribe “con imperecedoira melancolía atlántica” e, talvez por iso, a novela comeza sen tregua: “Hoxe enterramos a papá.”

[texto: Rosa Aneiros]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |