
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 1997
ISBN: 84-8302-137-4
Podería ser Fumareu ou O retorno dos homes marinos ou o Mar-rau de Tres trebóns. En calquera ondada creativa de Xurxo Souto unímonos á repichoca de todos os barcos que parten do Parrote coruñés cos seus chifres entoados para atravesar o mundo. Do Capetón ao Gran Sol. E, por suposto, co bafo pestilente de todas as tabernas a nos tatuar a pel enxoita para recoñecer un mariñeiro galego onde for que atraquemos.