
Narrativa, Editorial Galaxia, 1961
ISBN: 978-84-8288-780-7
“¡Non hai tales illas Sinbad! Dixo Adalí que ó sul non había nada! ¡Hai, hai! ¡Están as illas Cotovías coma sete laranxas!” Un clásico ao que sempre regresar para saber do sabor doce de todos os mares e ribeiras. Alento exótico para unha imaxinación deformante que nos devolve a ollada nítida sobre o real, o que se ve e o que non. E a morriña do mar estoura nos ollos con personaxes fantásticos que son pura emoción e viaxe gozosa polo vento do sul das palabras.
[texto: Rosa Aneiros]