Libros

Os nomes do traidor

Outros libros

Autores relacionados:


Os nomes do traidor

Xurxo Sierra Veloso, escritor
0/5 (0 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-849-9

Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras declarar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d’ Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza…) vaise abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |