Libros

A trenza

Outros libros

Autores relacionados:


A trenza

Marcelino Fernández Mallo, escritor
3,67/5 (3 votos)

A novela trata a tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parece estar condenada á tranquila felicidade típica dunha familia galega de clase media.
Porén, a novela comeza co seu protagonista ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. A partir da entrevista, vanse coñecendo os detalles que levaron a Mario Quintela ata esa situación. Aparecen así Roberto, traficante alcumado o Coronel, Eva, presidiaria na mesma cadea onde agarda Mario, Helena, avogada da ONG Portas Abertas e esposa do protagonista, e o padre Marcos, empeñado en rebaixar a condena de Eva.
As traxectorias dos personaxes d'A trenza ocupan mundos e espazos diverxentes e crúzanse en repetidos momentos provocando, con cada cruzamento, a alteración do rumbo das distintas existencias. O peso das circunstancias sitúase por riba das decisións persoais, mesmo por riba das identidades, das familias e das institucións. A trenza constitúe un relato brillante e intenso dende os primeiros compases e que se vai enriquecendo a medida que os personaxes clave da historia acumulan experiencias vitais, en moitos casos completamente inesperadas.
A trenza é, ademais, unha novela cun salientable fondo social. Confirmando este carácter, o 8% das vendas que se acaden irán parar á ONG galega “Implicadas no Desenvolvemento”.
Os lectores d’A trenza dispoñen dun blog onde deixaren as súas opinións e onde poden contactar co autor.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |