
Narrativa, Editorial Galaxia, 2008
ISBN: 978-84-9865-094-5
Que lector galego non coñece xa a Frank Soutelo? Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood.
Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.
[presentación editorial]