Libros


Recordar doe

Herminio Barreiro, escritor
3/5 (1 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-761-4

Recordar doe de Herminio Barreiro é a crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arranca da máis inmediata posguerra e chega ata promediada a década dos sesenta. Pequena historia persoal dun tempo amargo, desenvólvese entre Galicia e Madrid e vén sendo como unha especie de rememoración autobiográfica da infancia e da mocidade. Por veces resulta como un monólogo interior de tipo pedagóxico, trufado cos máis diversos retratos da época así como variados excursos a propósito da historia do ensino e de distintos aspectos de actualidade. Unha escrita autobiográfica de enorme beleza e profundidade.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |