
Outros, Edicións Xerais de Galicia, 2008
ISBN: 978-84-9782-785-0
Irene Pérez Pintos, profesora de lingua e literatura do IES O Castro de Vigo, preparou Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica, un material educativo concibido para unha abordaxe integral nas aulas de ensino secundario da figura homenaxeada este 17 de maio.
A unidade didáctica organízase en seis grandes apartados:
A historia de Xosé María Álvarez Blázquez e de todos nós.
A historia sociolingüística de Xosé María Álvarez e de todos nós.
O amor ás letras nas letras do ADN.
A Xeración do 36.
A obra literaria de Xosé María Álvarez Blázquez.
Escolma de textos.
Cada un dos apartados inclúe textos expositivos e actividades, apoiados por fotografías e pés explicativos.
[presentación editorial]