
Pode que Safo vivira entre os séculos VII e VI antes da nosa era. E pode que tivese unha filla chamada Cleis, e dubidamos do seu aspecto físico, das súas relacións sexuais, e se inventou o plectro... Temos tantas dúbidas que seica semella falarmos da sombra dun espectro, e non dunha biografía. Pero non dubidamos do lamento que sentimos pola obra de Safo que se perdeu, a maioría; e moito menos temos dúbidas da inmensa calidade poética e artística dos seus fragmentos.
[presentación editorial]