
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2008
ISBN: 978-84-9782-725-6
Unha novela que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto. Conta coas ilustracións de Iván Sende.
As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis.
Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.
[presentación editorial]