Libros


Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz

Varios autores, escritor
1/5 (1 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-749-2

“Educación e Paz II” recolle as colaboracións de 40 autores de moi diferentes disciplinas e países agrupadas en tres campos: o mundo no que vivimos, os escenarios e propostas de paz e o papel da educación para a paz a prol da paz, a cidadanía democrática e os dereitos humanos.

A triloxía Educación e paz sae a luz pública en 2008 co motivo do 25 aniversario do grupo Educadores pola Paz do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz, recolle as colaboracións que fixeron uns 40 ensaistas de distintas disciplinas e países. O libro está estruturado en tres capítulos: “O mundo no que vivimos e propostas de futuro”, “Escenarios e presupostos de paz” e “O papel da educación para a paz e os dereitos humanos”.

Os autores e autoras representan a cinco territorios nos que Educadores pola Paz vén despregando as súas actividades: Galicia, España, Portugal, Iberoamérica e Europa. Estes son José María Tortosa, José Vidal-Beneyto, Carlos Taibo, Juan López de Uralde, François Houtart, Miguel Ángel Santos Guerra, Martín Rodríguez Rojo, Juan José Tamayo-Acosta, Joaquín García Roca, Xulio Ríos, Jose Paulo Serralheiro, Estebán Beltrán, Gregorio Peces-Barba, Federico Mayor Zaragoza, Lía Diskin, Jesús Mª Alemany, Carmen Magallón, Galo Bilbao, Johan Galtung, Luís García Soto, Luis Moita, José Aristazabal, Francisco Muñoz, Beatriz Molina, Jaume Carbonell, Jurjo Torres Santomé, Jean Mª Muller, Javier de Lucas, Américo Nunes Peres, Riane Eysler, Vicent Martínez Guzmán, Xabier Etxeberria, Ricardo Arana, Joao da Silva Amado, Isabel Freire, Ana Carita, Mariano Fernández Enguita, Fabio Brotto, Gloria Ramírez, Dionisio Llamazares, Daniel Novara e Xesús R. Jares.

Coa publicación desta triloxía, Xerais quere sumarse aos camiños da paz dos que nos fala Xesús R. Jares na introdución do primeiro libro, “os camiños da paz son sinónimos de compromisos, de accións, de reflexións, de estudos, etc., mais tamén de comunicación, de entrega, de tenrura, de afecto, de amor, de solidariedade, de reciprocidade. Son camiños para compartir e recoñecer, acompañar e estar acompañado. Camiños que veñen de moi lonxe, desde moi diferentes xeografías e espazos socioculturais”.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |