Libros



Outros libros

Autores relacionados:


Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz

Xesús R. Jares, escritor
1/5 (1 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-749-2

Esta obra recolle a vida de 25 anos do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. O primeiro grupo da historia de Galicia de Educación para a Paz e un dos pioneiros no resto de España.

A triloxía Educación e paz sae a luz pública en 2008 co motivo do 25 aniversario do grupo Educadores pola Paz do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. A triloxía está composta por tres volumes. Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz, da autoría de Xesús R. Jares, describe a vida de 25 anos do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega, así como de outras iniciativas de educación para a paz en Galicia. Este libro recolle a orixe do grupo, os seus obxectivos, as actividades desenvolvidas, as publicacións realizadas, os programas deseñados, as propostas feitas, as ilusións presentes e as esperanzas de futuro. Nesta crónica dos 25 anos de Educadores pola Paz o autor está acompañado por catro colaboracións que falan de outras tantas experiencias de educación para a paz: Xosé Manuel Cid en Ourense, Xosé Manuel Rodríguez desde Santiago, Flora Fondevila das Escolas asociadas á UNESCO e Manuel Blanco do Programa “Vivir xuntos, convivir” de Lugo.

Coa publicación desta triloxía, Xerais quere sumarse aos camiños da paz dos que nos fala Xesús R. Jares na introdución do primeiro libro, “os camiños da paz son sinónimos de compromisos, de accións, de reflexións, de estudos, etc., mais tamén de comunicación, de entrega, de tenrura, de afecto, de amor, de solidariedade, de reciprocidade. Son camiños para compartir e recoñecer, acompañar e estar acompañado. Camiños que veñen de moi lonxe, desde moi diferentes xeografías e espazos socioculturais”.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |