Libros



Autores relacionados:


Dicionario de Fraseoloxía Galega

Varios autores, escritor
0/5 (0 votos)

Outros, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-740-9

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega.

A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da “clave” identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo o primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da “frase” diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de “significado” preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo “texto”, proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |