
Narrativa, Editorial Galaxia, 1972
ISBN:
Tradución de Carlos Casares
Pódese dicir que a versión galega de Le petit prince inaugura brillantemente a leira grande das traducións de literatura infantil e xuvenil, a única que, hoxe por hoxe, se pode considerar “normalizada”, polo menos formalmente. A tradución de Casares foi ademais un dos grandes éxitos editoriais de Galaxia, e unha notábel contribución á causa do galego na escola.