
Narrativa, A Nosa Terra, 2008
ISBN:
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar ben emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas. Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro en que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.
[presentación editorial]