Libros


A pega rabilonga. Os ruíns

3,56/5 (18 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 2009

ISBN: 978-84-9865-055-6

Castrelos, 1971; Gráficas Torres, 1947; Galaxia, 2008

Compila este volume toda a narrativa breve escrita en galego por Xosé María Álvarez Blázquez.
“A pega rabilonga e outras historias" publicouse na editorial Castrelos no ano 1971, dentro da colección de libriños d'O Moucho, un dos grandes achados editoriais de Álvarez Blázquez.
Os ruíns contén narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da guerra civil e completa a entrega narrativa outro texto algo menos coñecido: "O afillado", publicado en 1947 por Gráficas Torres en Pontevedra. O humor, a capacidade de observación de tipos humanos, a memoria da tradición, os vellos contos populares, as antigas historias, narradas dun xeito claro e directo, con estilo esmerado e cun gran sentido da economía de recursos, sempre ao servizo da comunicación eficaz, caracterizan a prosa do autor a quen este ano dedicamos o Día das Letras.
Estas narracións comparten, malia os anos que as separan, riqueza descritiva, viveza nos diálogos, humor sutil e unha querenza do autor polos personaxes humildes e perdedores fronte á crítica aberta aos insensibles e aos poderosos.
[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Comentarios (1)

#1 9/Setembro/2008 | marioncyti@hotmail.com dixo:

letras


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |