Libros

O ruído e a furia

Outros libros

Autores relacionados:

Libros relacionados:


O ruído e a furia

William Faulkner, escritor
Xurxo Borrazás, tradutor
5/5 (4 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 2007

ISBN: 978-84-9865-046-4

"Escribir este libro foi para min como aprender a ler, coma se me achegase á linguaxe, ás palabras, co mesmo respecto e coidado de quen se achega á dinamita". Así describe William Faulkner (New Albany, Mississippi, 1897 - Oxford, 1962) a súa experiencia con O ruído e a furia, a súa cuarta novela, publicada en 1929. A historia da ruína e decadencia da familia Compson, no Sur dos EUA, segue a representar para o lector de hoxe ese mesmo desafío, o da literatura como reinvención da linguaxe. Ao tempo, é un magnífico exemplo do pulo que posúe unha narración inspirada na vida, ese "conto contado por un idiota, cheo de ruído e de furia, que nada significa", segundo deixou dito Shakespeare en Macbeth.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |