
Teatro, Edicións Xerais de Galicia, 2008
ISBN: 978-84-9782-710-2
Xiana, a protagonista de Boas noites, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos...
Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un argumento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006.
O libro edítase acompañado dunha guía interactiva, un DVD co que se pode escoitar a música do espectáculo Boas noites e no que ademais se pode acceder a unha serie de actividades orientadas a educadores, nais, pais e rapaces cos que se pode coñecer mellor os medos máis comúns da cultural tradicional galega.