Plan de fuga
Alberto Lema, escritor
Os versos deste libro son fondos e son limpos. A poesía, ás veces, quere casar connosco aínda que non teña roupa. Non falo da poesía pura e manos aínda espida, por favor. Acódenme á memoria, fatalmente, aqueles finais eróticos (e neuróticos) de Juan Ramón Jiménez, autor dun dos peores versos da poesía española -"que se me fue, que se me fue el atardecer"-. Ou cousa así. Non era un chiste. Lema milita, pola contra, na impureza, no centro dun lugar que non é España. Un lugar onde unha perna tapa a outra. E para vir a xunta min. E que me dixo teu pai. A orquestra toca ao fondo música popular e, sen desconcentrarse, Lema escribe como un poeta clásico. Porque tivo o bo gusto de elixir a vangarda para a vida. Miquel Mosquera resumiuno nunha imaxe afiada: "épica da experiencia". Estou de acordo.
[fragmento do prólogo de María do Cebreiro]
Imprimir