
Poesía, OQO Editora, 2008
ISBN: 978-84-96788-030-
O que ben che quer consta dunha parte de poemas que Álvarez Blázquez incluíu no libro titulado Roseira do teu mencer, xunto con outras composicións que o autor escribira para a súa filla Colorín e que permaneceron inéditas.
Con este volume, Berta Cáccamo homenaxea, a través do seu imaxinario plástico, o traballo poético do seu pai, con creacións en acuarela, abstraccións en trazos delicados. A artista viguesa xoga coas cores do seu pincel en consonancia coas cores da palabra poética e ofrécenos neste volume unha obra depurada, sinxela pero de gran forza expresiva.
O poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo tamén do autor das Letras Galegas 2008, agasállanos cun prólogo que nos introduce no universo poético de rimas e xogos, que celebran o nacemento da vida.