Libros

As pantasmas sodes do que non hai

Outros libros

Autores relacionados:


As pantasmas sodes do que non hai

Amadeo Cobas, escritor
5/5 (1 votos)

Narrativa, Sotelo Blanco Edicións, 2008

ISBN: 978-84-7824-536-9

Gorecho Papa Gaio é un tipo tan intranscendente como anónimo, un solteirón pálido, que endexamais chamaría a atención de ninguén, aparvado pola falta de motivacións e polas doses abondas de alcohol unidas ás tamén abondas teorías alcohólicas e ás moitas partidas de cartas que, segundo el mesmo di, lle proporcionan un estado semellante á felicidade, por máis que sexa a felicidade do nugallán que pasa pola vida sen pedirlle nada a esta. Esa existencia pequena nunha vila pequena transformouse cando regresa á súa casa convertido en pantasma para ter unha segunda oportunidade. Ante un feito tan insólito, Gorecho compórtase de xeito tamén insólito, aínda que convincente. As teorías que invoca para explicar o seu comportamento na súa primeira vida son todo un tratado das inconsistencias do mundo que nos rodea e das dificultades para atoparlle un sentido. Nesa segunda oportunidade encontrará a ocasión de emendarse.
Cun constante sentido do humor retranqueiro, Cobas conduce o seu protagonista a través dun percorrido pola Galicia máxica e tradicional.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |