
Narrativa, Rinoceronte Editora, 2008
ISBN: 978-84-936101-6-6
Con esta obra inaugúrase na literatura italiana un novo xénero narrativo, o conto profano, unha narración breve, modelada segundo o ideal retórico da brevitas, e que parte dun modelo xa preexistente como era o do exemplum, pero desvinculado da súa compoñente moralizante, e cun obxectivo principalmente lúdico, aínda que tamén é importante a compoñente didáctica cunha orientación utilitarista.
O conxunto dos contos presenta como denominador común a súa brevidade e o seu estilo lineal. Entre os protagonistas dos contos podemos atopar heroes do mito ou da historia antiga, cabaleiros das sagas medievais, reis bíblicos e históricos, ó lado de individuos medios. Por último, unha morea das persoas máis representativas dos estamentos máis populares e activos da vida cotiá florentina: xograres, xente da vila, mercadores, frades e confesores, mozos aprendices, etc., enchen as derradeiras páxinas do Novelino.
A súa laica exaltación do enxeño humano e do valor da intelixencia, o seu humor e o seu pragmatismo proporcionan unha lectura irónica e divertida.
[presentación editorial]