Libros

As pontes no ceo

Outros libros


As pontes no ceo

1/5 (2 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2007

ISBN: 978-84-9782-679-2

Con As pontes no ceo péchase a monumental triloxía Vidas de infancia que Ramiro Fonte decidiu emprender para reconstruír os ecos dunha vila galega, a Pontedeume da súa infancia, contrastándoos co rumor dun tempo histórico.

Se nos dous primeiros volumes o relato primaba a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira entrega o foco argumental alumea as voces da colectividade. Velaí o límpido engado desta serie: un espazo local sen lindeiros, un tempo gris e un cento de figuras inesquecíbeis, merecedoras de pasar á historia literaria e asumir a representatividade da raza humana.

Coma un retratista desas cousas coas que se asaña o esquecemento, o autor arma, cunha prosa garrida, xenerosa en formas e susceptible de perdurar, unha novela de vivos mortos e de mortos vivos.

Unha obra que mestura lirismo, oralidade, técnica teatral, erudición e filosofías de rueiro e que, baixo os presupostos da narrativa clásica, tamén indaga nas raíces da vocación literaria.


[presentación editorial]



Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |