Libros

Os ollos de K

Outros libros

Autores relacionados:


Os ollos de K

4,33/5 (12 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 2007

ISBN: 978-84-9865-008-2

O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control.

A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita.

Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante, na que Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) ispe o feito literario e deixa á vista dos lectores o material artístico e a función creadora.


[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |