Libros

Illa Soidade

Outros libros

Autores relacionados:


Illa Soidade

2,67/5 (3 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2007

ISBN: 978-84-9782-653-2

Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.

Illa Soidade
é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos.

Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.

[presentación editorial]

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |