Libros

Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos

Outros libros

Autores relacionados:


Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos

Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor
5/5 (1 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2007

ISBN: 978-84-9782-642-6

Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso país, que son os auténticos protagonistas deste libro.

A obra organízase en tres partes: no “Consultorio” abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en “Un ferrado de apelidos” analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en “Flor de raros” trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico.

O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.


[presentación editorial]

Imprimir


Comentarios (1)

#1 24/Outubro/2008 | Susana Zamora Pereira dixo:

Quiero saber si el apellido Biramontes es de origen gallego


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |