Libros


Violencia política, protesta social e orde pública no Ourense republicano

Xulio Prada Rodríguez, escritor
0/5 (0 votos)

Ensaio, Ediciós Do Castro, 2007

ISBN: 978-84-8485-269-8

Nesta obra o profesor de historia da Universidade de Vigo e investigador Xulio Prada dá conta da xénese do fenómeno da violencia política en si, abocado a unha espiral de medo e confrontación que no caso da España do 36 desembocou na guerra civil.

O traballo achégase, nunha primeira parte, á violencia da extrema dereita e a táctica de desestabilización que seguían os potentados ourensáns meses antes da sublevación franquista contra o goberno da República.

Nunha segunda parte, a obra analiza o anticlericalismo e a queima de igrexas entre 1934 e 1935, a ocupación de terras da Igrexa para repartilos entre os agricultores e a presión contra numerosos sacerdotes.

A última parte é a dedicada á análise da actividade sindical e da conflitividade social.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |