Libros

Xela volveuse vampira!!

Outros libros

Autores relacionados:


Xela volveuse vampira!!

Fina Casalderrey, escritor
Noemí López, ilustrador
5/5 (1 votos)

Narrativa, Baía Edicións, 2007

ISBN: 978-84-96893-21-4

En Xela volveuse vampira!! aparece unha achega ao tema da violencia contra as mulleres desde os ollos dun neno. Un relato que sen dramatismo, pero con toda clareza, pon de relevo a manifestación máis dolorosa da desigualdade de xénero.

Xela volveuse vampira!! forma parte da colección dirixida ao mundo infantil denominada ‘Contos da igualdade’ coa que Baía Edicións, a través de relatos orixinais e ilustrados a toda cor, pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.

A colección inclúe un dvd coa montaxe de sesións de contacontos que fan máis divertido o achegamento ao contido do relato proposto.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |