Libros

A aurora boreal

Outros libros

Autores relacionados:


A aurora boreal

Philip Pullman, escritor
0/5 (0 votos)

Narrativa, Faktoría K, 2007

ISBN: 978-84-96957-17-6

Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos...

Son algúns dos ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa Medalla Carnegie, coa que se premian as mellores obras dirixidas a lectores infantís e xuvenís; velaquí as primeiras aventuras da apaixonante saga A materia escura, convertida nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e poderosa imaxinación do seu autor.

Ambientada na época vitoriana, onde mandaban a férrea moral e as crenzas, esta obra achega certas doses de rebeldía. Introduce elementos filosóficos, curiosidade científica e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.

A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixonante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaísta inglés John Milton. A esta entrega seguiranlle O coitelo sutil e O anteollo de ámbar.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |