Libros

Caderno da Revolución Cultural

Outros libros

Autores relacionados:


Caderno da Revolución Cultural

Xavier Queipo, escritor
4/5 (1 votos)

Ensaio, Edicións Laiovento, 2007

ISBN: 84-8487-122-3

Este Caderno da Revolución Cultural reúne as colaboracións de Xavier Queipo no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. Son o resultado dese comprometerse a ser e neles descubrimos as preocupacións, os intereses, os afectos intelectuais, a cosmovisión, en fin, dun dos autores máis persoais da literatura galega contemporánea.

No Caderno da Revolución Cultural atopará o lector, a lectora, a curiosidade do viaxeiro e se demorar na profundidade do detalle, a mirada analítica do científico a se expandir nos territorios da imaxinación, a aventura dos sabores que adxectivan e singularizan cada xesto, cada palabra, as paixóns mariñas, as querenzas asiáticas, as deflagracións íntimas, as contradiccións da materia da vida -"que me paso a vida revisando dogmas e asolagando lastres"- e esoutras rutas que só abre o texto poético.

Xabier Queipo pon no aire e agora propón en libro temas para o debate, dende o medio ambiente, o cambio climático ou os incendios até os tópicos identitarios, a Cidade da Cultura, o Día das Letras, ou as condicións do escritor, itinerarios abertos con percorridos que nos poden levar dos nomes das rúas aos entramados simbólicos que sustentamos.

[Presentación editorial]

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |