
Unha completa análise da sublevación militar e da represión e terror sufrido en Galicia, identificando as forzas represoras e os seus apoios sociais, as formas de represión económica e laboral, as imposición relixiosas e a dureza do sistema carcelario. Aproximación ás fugas e á participación dos galegos na defensa da República e a continuación da loita antifascista en Europa, a emigración e o exilio. Un detallado estado da cuestión.