
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 1995
ISBN:
Lazo é unha nena que pertence a un pobo de mulleres valentes e sabias, herdeira da sabedoría e o poder da súa avoa Sensatanai e da forza e o valor da súa nai guerreira, unha bagaxe que lle dará a lucidez necesaria para escoller, logo dunha dura travesía, o camiño do poder sobre si mesma, para ser unha muller como as mulleres, con capacidade de decisión propia.