
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2002
ISBN:
No espazo da historia portuguesa do século XX, a autora constrúe unha novela incendiada pola paixón de vivir. A resistencia convértese nun imperativo para loitar contra a miseria e os propios sentimentos, que levarán os personaxes a través do amor, da militancia, da derrota, da morte e tamén da liberdade. Os acontecementos permanecen na memoria do lector co pouso que deixan as obras máis fermosas.